HomesociedadeSoberanía alimentaria e cultural no Son Labreg@

Soberanía alimentaria e cultural no Son Labreg@

O II Festival Son Labreg@ que organiza Mocidade Labrega do SLG  e a AC Papaventos celebrarase o 22 de setembro en Garabelos, Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

O Son Labreg@ do 2018 terá como escenario o Cinema Palleiriso no lugar de Garabelos. A cita abrirase ás 11.30 coa palestra “Construíndo Soberanía”, onde un grupo de mozos falará dos proxectos que están a desenvolver en diversos sectores. Ás 13.30 haberá sesión vermú, seguida de xantar. Contarase con postos de comida e con espazos hablitados para quen queira levar a comida da casa. Ás 16.30 celebrarase unha nova palestra titulada “AGRI-CULTURA”, na que se presentarán proxectos para recuperar a manter a cultura popular galega e por en valor a actividade agraria. Ás 19.00 comezarán obradoiros de cestaría, regueifas e postureo na horta. Ás 21.00 celebrarase unha cata de viños da Ribeira Sacra de Chantada. Os concertos comezarán ás 23.00 contando coas actuacións de Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada) e DJ Peter (Carral).

A organización do Son Labreg@ convida a todos os labregos e labregas a participar da actividade que pretende dar visibilidade dun xeito lúdico e positivo aos problemas cotiás dos labregos galegos, promovendo unha xornada de convivencia entre xente coas mesmas problemáticas e inquedanzas. Fan a invitación extensible ás persoas con inquedanzas sobre o modelo de produción de alimentos, a calidade do que se come ou a xestión que as administración fan dos recursos naturais. O Festival é de balde, contará con zona de acampada e con ludoteca de modo permanente.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...