HomesociedadeRibeira Sacra comeza a vendima o día 11 a falta dunha data...

Ribeira Sacra comeza a vendima o día 11 a falta dunha data oficial

A falta dunha data oficial para comezar a vendima na D.O. Ribeira Sacra, Adega Algueira S.L. xa notificou no Consello Regulador que comezará a vendima  o 11 de setembro. Na D.O. Rías Baixas vendimáronse xa esta fin de semana parcelas para espumoso nas subzonas do Condado e O Rosal e O Ribeiro ten a data 10 de setembro 3 adegas abertas.

Publicado o

- Advertisement -

Ás portas dunha nova campaña de vendima, únicamente a D.O. Valdeorras anunciou a súa data oficial para o inicio da vendima. A data recomendada polo Consello Regulador é o 12 de setembro. Un día antes ten previsto comezar a vendima Adega Algueira da D.O. Ribeira Sacra, no municipio de Sober, subzona de Amandi. Algueira comezará a recollida de uva en determinadas parcelas, aquelas no que o estado é óptimo para a recollida. Na D.O. Monterrei, espérase que cara finais desta semana algunhas adegas comecen a vendimar e na D.O. Rías Baixas darase por comezada a campaña cando estean vendimando adegas de todas as subzonas, polo momento iniciaron recollida de uva para espumosos no Condado e O Rosal. Na D.O. Ribeiro non traballan con datas oficiais e a día de hoxe tres adegas están abertas con labores de vendima.

Entre tanto os técnicos do Consello Regulador da Ribeira Sacra seguen efectuando os controis de maduración en parcelas das cinco subzonas co obxecto de determinar a data oficial recomenda para o inicio xeneralizado da campaña  no terrritorio da Denominación de Orixe. Independentemente desa data, pódense pedir permisos puntuais para iniciar os traballos antes, cando determinadas viñas se atopen no momento idóneo. A climatoloxía desta próxima semana será boa e, segundo as previsions de meteogalicia, con ausencia de tormentas, o que pode facer que moitas adegas e viticultores esperen este tempo, como mínimo, para iniciar a campaña.

ÚLTIMAS

A Apalpadora visitou esta semana Ribas de Sil e este mércores chega a Chantada

Na zona sur da provincia, as visitas da Apalpadora comezaron este martes en Ribas...

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes...

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...