HomesociedadeO alumnado da Fundación Belarmino Fernández Iglesias cata os Augardentes e Licores...

O alumnado da Fundación Belarmino Fernández Iglesias cata os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Preto dunha trintena de alumnos do Ciclo Superior en Vitivinicultura, Ciclo Medio de Servizos en Restauración e Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía participaron nun seminario formativo sobre os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vogal do Consello Regulador, Sonia Otero, foi a encargada de impartir esta sesión no CPR Fundación Belarmino Fernández Iglesias, en Sober. Estivo acompañada polo presidente da Asociación Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez.

A actividade constou de dúas partes: unha de carácter máis teórico e outra práctica, centrada na degustación de distintos produtos amparados polas Indicacións Xeográficas (IIXX) dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Neste sentido, Sonia Otero fixo fincapé na importancia de consumir destilados debidamente etiquetados, así como na calidade e as garantías que ofrecen para o consumidor as bebidas espirituosas que contan coa contraetiquetas das IIXX Bagazo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. Un selo que “garante que son 100% galegos”, explicou a vogal do Consello Regulador.

Os participantes degustaron 8 destilados. Así, puideron distinguir os matices dos augardentes dependendo da variedade de uva que se utilice na súa elaboración. Tamén dentro desta mesma Indicación Xeográfica atópase o Augardente de Galicia Envellecido, que se distingue dos anteriores pola permanencia mínima dun ano en envases de madeira. Precisamente este último xunto co Augardente de Herbas de Galicia, foron os produtos que máis sorprenderon ás persoas participantes.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...