HomesociedadeQuiroga solidarízase con Ucraína e acollerá familias refuxiadas

Quiroga solidarízase con Ucraína e acollerá familias refuxiadas

Como mostra do seu apoio e compromiso as luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en cor azul e amarela, as cores da bandeira de Ucraína.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iluminación nocturna destas letras, que normalmente é de cor verde – como a bandeira de Quiroga- utilízase tamén para conmemorar datas sinaladas. Estes días locen para amosar o seu apoio con Ucraína pero tamén para pedir o cese dunha guerra na que sempre os máis prexudicados son as persoas inocentes.

O equipo de Goberno solidarízase co pobo ucraíno coa presentación dunha moción na que condena a invasión de Rusia en Ucraína e amosa o seu apoio ás accións do Gobierno de España, en colaboración cos aliados da OTAN e a UE. Asi mesmo expresa o máis firme compromiso coa defensa dos principios da democracia, o Estado de dereito e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado da Alianza do Atlántico Norte e no da Constitución Europea. E  apoia que o Goberno negocie o antes posible en Bruxelas un plan de axuda humanitaria á poboación civil ucraína.

Ademais, o Concello de Quiroga vén de unirse á petición realizada desde a Federación Galega de Municipios e Provincias para acoller a familias refuxiadas ucraínas. Esta non é a primeira vez que o concello quirogués se suma a unha causa deste tipo posto que no seu día xa acollera a dúas familias bosníacas afectadas pola guerra de Iugoslavia.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...