HomeMedio ambiente e PatrimonioRecupéranse 80 hectáreas de soutos no Folgoso do Courel

Recupéranse 80 hectáreas de soutos no Folgoso do Courel

A Consellería de Medio Rural está recuperando soutos tradicionais de castaña no concello de Folgoso do Courel. Cun investimento de 430.000 euros recupéranse 80 hectáreas de terreo con 9.500 castiñeiros.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo deste proxecto é poñer en valor dous soutos en Folgoso e Moreda, mediante a súa limpeza e recuperación para a produción sostible. A actuación, que comezou coa identificación de árbores e propietarios, está xa na súa segunda fase que pasa pola mellora dos viarios de acceso e o rozado das terras. Está previsto que no 2019 entre na súa última etapa coa poda das árbores e a mellora sanitaria das mesmas.

Desde a Consellería destacan que este tipo de actuacións pretenden loitar conta o abandono das terras, por iso ademais das reestruturacións parcelarias, desenvólvense outras iniciativas como esta destinadas a poñer os terreos a producir. Neste senso estanse recuperando praderías para pasto nos Ancares e en Sober. En Arnoia recuperouse unha finca para a produción de pemento baixo esta denominación de orixe e en Cualedro e Oímbra a produción centrarase na plantación de cereais, leguminosas e viñedos. Estes proxectos desenvólvense en terras afectadas por incendios.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...