HomesociedadeContadas pola igualdade e cine galego no 8 de marzo en Bóveda

Contadas pola igualdade e cine galego no 8 de marzo en Bóveda

O Concello de Bóveda organiza diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo. As primeiras teñen aos nenos e nenas como protagonistas, conscientes da importancia de educar en igualdade desde as idades temperás.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP Rosalía de Castro será o escenario das contadas pola igualdade, actividades de contacontos repartidas por ciclos para realizar de xeito simultáneo pero en diferentes espazos.

Infantil. ‘A Carteira de augas claras’ a cargo de Carmen Domec Martínez.

1º e 2º ciclo. ‘Bolboretas’ a cargo de Soledad Felloza.

3º ciclo. ‘A miña historia’ (Rosalía de Castro) a cargo de Trémola teatro, Paula Regueiro.

Ademais das contadas no colexio, o domingo día 13 de marzo ás 18:00 horas o Centro Sociocultural acollerá a proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’, premio do público á mellor película galega na 41 semana de cine de Lugo de outubro de 2019.

Escrita e dirixida por Roberto Alvite e protagonizada por Lucía Veiga invita á reflexión sobre o pasado, presente e futuro da sociedade rural galega estimulando o pensamento crítico ante os roles tradicionais da muller e do home.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...