HomesociedadeSuma e segue de melloras nas rúas de Monforte

Suma e segue de melloras nas rúas de Monforte

O día 13 está previsto que comecen obras de mellora na rúa Carude, seguiranlle obras na rúa Reboredo e na estrada de Monforte a Rozabales.

Publicado o

- Advertisement -

En Carude vaise actuar entre o Paseo de Lugo e a capela de San Lázaro, botarase  nova capa de aglomerado en quente a un treito de 465 metros. Na rúa Reboredo as obras faranse desde o paso a nivel ata onde rematan as beirarrúas, nun treito de 500 metros.

Na estrada de Monforte a Rozabales e Vilachá de Salvadur continuranse as obras iniciadas o pasado ano. Prevese desenvolver os traballos en dous tramos: dende o Barrio Novo ata a entrada para Caneda e un segundo tramo máis estreito nas proximidades da pista de Vilamarín.

Estas obras teñen un orzamento de 260.000 euros e comezarán en canto rematen as obras da ronda María Emilia Casas Baamonde, xa que as executa a mesma empresa, Ovisa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...