HomesociedadeBanco conmemorativo e luces moradas en Quiroga polo 8M

Banco conmemorativo e luces moradas en Quiroga polo 8M

O banco conmemorativo que xa loce nos xardíns da entrada de Quiroga forma parte dun proxecto máis amplo que consistirá en pintar os bancos máis deteriorados da vila dándolle unha nova vida. Tras este primeiro banco continuarase escollendo outros nos que se representarán debuxos en alusión a unha data sinalada como neste caso, un personaxe, un lugar ou un produto (viño, aceite, mel) relacionado co noso municipio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un banco coa silueta de varias mulleres e a palabra sororidade serve para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional de Muller. A palabra sororidade está escrita en once idiomas, – galego, castelán, vasco, catalán, francés, alemán, inglés, italiano, ucraíno, árabe e chino-  todos eles vinculados con Quiroga por vivir algunha muller no municipio procedente de lugares nos que se fala este idioma.

O Concello de Quiroga, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha esta iniciativa como homenaxe a todas as mulleres. Por iso o goberno local, encabezado polo alcalde, Julio Álvarez, a directora do CIM, Marisa Castro, e a autor do deseño, Manuel García,  realizaron un pequeno acto de conmemoración a través desta peza de mobiliario urbano.

Nas súas palabras a directora do CIM, Marisa Castro, afirmou que “legalmente temos os mesmos dereitos que os homes, pero realmente non é así. Mentres exista unha dificultade para chegar ao mesmo nivel que os homes, ten que seguir existindo este tipo de días”.

Como soporte da sociedade na nosa comunidade cualificou á muller o rexedor local, Julio Álvarez, quen falou da importancia deste día vinculándoo este ano especialmente á situación conflitiva de Europa, para que  “serva de apio aos dereitos civís dos cidadáns,  dereitos que deben estar por riba de todas as confrontacións”.

Esta nova imaxe, máis colorida nalgúns puntos quere ir acorde coa arte urbana,  “Arte no ar”, que a través de murais de grandes dimensións e lapis como símbolo dos nosos escritores, locen nas fachadas da vila de Quiroga formando parte dunha nova ruta dentro do casco urbano.

Ademais como conmemoración do Día da Muller as luces das letras de Quiroga alumean dende onte a noite en cor morada, a cor asignada a esta data. Estarán nesta cor ata mañá cando volverán lucir en cor azul e amarela como a bandeira de Ucraína, cor que locen en apoio a este país dende que Rusia atacou esta nación.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...