HomesociedadeO Concello de Sarria solidarízase con Ucraína

O Concello de Sarria solidarízase con Ucraína

Este mércores ás 12:00 h. únese ás concentracións silenciosas polo pobo ucraíno e o pasado 8 de marzo subscribiu o manifesto da FEGAMP. Días atrás, o concello iniciou tamén unha campaña de cartelas coa bandeira de apoio a Ucraína.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria súmase no día de hoxe, 9 de marzo, á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias para realizar unha concentración silenciosa en apoio ao pobo Ucraíno. Así, pois, convoca á veciñanza para as 12:00 h. diante da Praza da Constitución, fronte ao concello, e gardar 5 minutos de silencio.

O concello anunciou tamén esta semana que vén de subscribirse ao manifesto da FEGAMP. O texto do comunicado, que se lerá no acto deste mércores está na web: https://www.fegamp.gal/…/apoio-das-entidades-locais…

Así mesmo, nas súas redes sociais informan das indicacións e instrucións que lles fixo chegar a FEGAMP para que toda a axuda que se faga chegar sexa efectiva:

1- Debido á imposibilidade de asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se está a recoller, aconséllase reservalo para ser distribuído entre a poboación ucraína que se acolla na nosa Comunidade, en tanto non se reciban outras indicacións.

2- A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONGs e organismos internacionais despregados no terreo: Coordinadora española de ONGD, Cruz Roja Internacional, Fondo humanitario para Ucraína das Nacións Unidas e ACNUR.

Se ademáis destas contribucións algún cidadán conta con recursos habitacionais ou quere e pode participar mediante acollida en familias pode chamar ao concello (982 53 50 00).

PANCARTAS DE APOIO

Días atrás partiu tamén do Concello de Sarria unha iniciativa de demostración de solidariedade ao pobo ucraíno. Realizou unhas cartelas coa bandeira de Ucraína e a frase “Sarria con Ucrania” ofrecéndoas á veciñanza para amosar o apoio a Ucraína.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...