HomesociedadeO CIM de Chantada continúa coas actividades do 8M esta fin de...

O CIM de Chantada continúa coas actividades do 8M esta fin de semana

O Auditorio Municipal acollerá o día 19 unha conferencia sobre educación ‘en sexualidade’ e o domingo 20 proxectarase a película ‘Frozen 2’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras varias actividades arredor do 8M para conmemorar o ‘Día Internacional da Muller’, esta fin de semana hai programadas dúas moi interesantes. Unha primeira terá lugar o sábado, 19 de marzo, ás 12:00 h. no Auditorio Municipal e consistirá nunha conferencia que, baixo o título Como lle falo “diso”?, abordará a educación de nenas e nenos en sexualidade. Dende o Concello de Chantada recomendan que se asista con cativas e cativos de máis de 12 anos e informan que “será unha charla de aproximadamente dúas horas de duración dirixida a familias, docentes e todo tipo de persoas interesadas.

A charla está impartida por Martina González Veiga, psicóloga sanitaria especializada en sexoloxía, divulgadora científica, fundadora e directora do centro de sexoloxía Con mucho gusto, mestra en diferentes masters e colaboradora habitual de medios de comunicación con seccións semanais coma o “Consellos con Sexo” no programa da Radio Galega “Galicia por diante” presentado polo chantadino Kiko Novoa.

Imaxe cedida

E xa o domingo, 20 de marzo, o Auditorio Municipal acollerá ás 18:00 h. a  proxección de Frozen 2 dentro do ciclo “Mulleres de Cine”. Este filme apto para todos os públicos, e dirixido especialmente para a infancia, está codirixido por unha muller, Jennifer Lee, que tamén é guionista. Está protagonizado por mulleres valentes, seguras e fortes coma Elsa e Anna que emprenden unha viaxe perigosa para coñecer as súas orixes. A película fala da sororidade, de mulleres valentes, da familia, da importancia da amizade e de ser unha mesma.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...