HomesociedadeQuiroga presenta a súa XL Feira do Viño, a do antes e...

Quiroga presenta a súa XL Feira do Viño, a do antes e o despois

A comisión organizadora da Feira do Viño de Quiroga presentaba este venres na Fundación de ABanca en Monforte a edición número XL desta cita que se celebrará na fin de semana do 16 e 17 de abril.

Publicado o

POR
A.B.F.
- Advertisement -

A edición deste ano marca un antes un despois nesta celebración vitícola, que tras 40 anos sendo unha feira de viños artesáns, agora fai a transición á participación de adegas profesionais.

“Queremos crear sinerxias entre todos para facer do noso viño un embaixador. Quiroga somos a subzona da D.O. Ribeira Sacra que máis producimos e Monforte non deixa de ser a capital da Ribeira Sacra; por iso presentamos esta nova Feira do Viño aquí,” sinalaba o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Lembraba as verbas do presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, insistindo sempre en que “cunha botella de viño da D.O. Ribeira Sacra viaxas a este territorio” e neste senso, Julio Álvarez insistiu en que o obxectivo último de este tipo de actividades é promocionar Ribeira Sacra e o seu viño. Nas distintas intervencións o comité organizador loubou o traballo da viticultura heroica e deses “viticultores heroicos sen os que hoxe non habería nada.”

Esta edición contará coa participación de 12 adegas que teñen viñas nesta subzona ou elaboran en Quiroga. Así estarán representadas as adegas: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, Edv 2015, Fructoso Hobbs, Lar de Ricobao, Pazo La Cuesta, Ponte da Boga, Purificación Díaz Ferreiro, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro e Val de Quiroga.

As adegas agradecían o cambio de plantexamento da feira e coincidían na mellora dos estándares de calidade do viño. Aseguraban apostar por unha feira de futuro e pola Ribeira Sacra; e convidaban a quen non coñecía esta feira a achegarse neste momento de cambio. Tamén como novidade a partires deste ano cóntase cunha adega invitada, que para este edición será Son do Arrieiro-Xulia Bande Pivida da D.O. Ribeiro.

Polo momento este ano a feira non contará con cata para establecer premios, o alcalde sinalaba, “Cremos que os nosos viños son inmellorables e polo tanto no imos facer unha competición. Queremos crear sinerxias, entre as adegas, entre os viños, con todo o que é a Ribeira Sacra.”

Esta edición terá de pregoeiro o sábado ás 20.30 ao actor e modelo, Iván Sánchez.

ÚLTIMAS

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...