HomesociedadeO actor e modelo, Iván Sánchez, pregoeiro da XL Feira do Viño...

O actor e modelo, Iván Sánchez, pregoeiro da XL Feira do Viño de Quiroga

Iván Sánchez dixo estar feliz de ser o pregoeiro da XL Feira do Viño de Quiroga, e que aceptou gustoso a proposta que lle fixo persoalmente o alcalde, Julio Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga anunciaba este sábado que a Feira do Viño que se celebrará o 16 e 17 de abril terá como pregoeiro a Iván Sáchez, actor, modelo e cunha importante vinculación familiar con Quiroga.

Como actor Ivan Sánchez traballou na televisión, no cine e no teatro. Na televisión protagonizou a serie “El auténtico Rodrigo Real” (2005) e Hospital Central (2006-2011) de Telecinco. Tamén participou en series como “El  pantano”, “Javier ya no vive solo”, “El comisario”, “Periodistas”, “Un paso adelante”, “Aquí no hay quien viva”, “Hispania la leyenda”, …

 No teatro representou a obra “Fool for love”, que o levou por toda España e coprotagonizou o musical “El guardaespaldas”, un éxito de taquilla no teatro Coliseum de Madrid (2017).

No 2011 incorpórase á telenovela hispano-estadounidense “La reina del sur” na que daba vida a un galego. Este papel – como afirma Iván Sánchez- abriulle as portas para América. Neste continente  participou da man de Televisa de México en telenovelas como “La tempestad”, papel polo que estivo nomeado no 2014 como “mejor villano”; ” Lo imperdonable” ou “Iago”, pola que estivo nomeado no 2017 como “mejor actor protagónico en serie”. Tras varios anos triunfando en México o actor regresou a España para participar en Master Chef Celebrity”, pero volveu cruzar o Atlántico para protagonizar “La mujer de mi vida”. Nestes momentos atópase rodando unha serie sobre a vida de Miguel Bosé, na que da vida ao cantante. Tamén ten previsto comezar no mes de xuño a rodaxe dunha película en Galicia.

Na parte máis persoal, Iván Sánchez, considérase un gran viaxante e coñecedor de Galicia. Dende hai dez anos, cando o seu pai, tras xubilarse veu a vivir a Quiroga, son asiduas as súas visitas ao municipio onde pasa tempo con el e desconecta das rodaxes. “Vengo al pueblo de donde es mi padre, porque el dice que es de aquí”.

        

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...