HomesociedadeO sur da provincia séguese coordinando para axudar a Ucraína

O sur da provincia séguese coordinando para axudar a Ucraína

As mostras de solidariedade do sur da provincia co pobo ucraíno seguen collendo forma a través de diferentes iniciativas. Taboada crea unha plataforma para asegurar a acollida de refuxiados, Chantada que esta sema recibirá a dúas familias ucraínas solicita a colaboración veciñal e Sober celebra o día 26 un concerto solidario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 19 de marzo creouse en Taboada a Plataforma taboadesa de solidariedade con Ucraína, integrada por asociacións culturais e deportivas (Asociación Cultural O Carballo, Taboada Feminino FS, Taboada Club de Fútbol, Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA), Asociación Cultural Os D’eiquí, Asociación Cultural O Marrao Enxebre, Asociación Festas de Taboada) que deciden así coordinar os esforzos de todos aqueles que queiran colaborar cos refuxiados ucraínos que chegarán ao concello nos próximos meses.

O seu obxectivo é organizarse para asegurar a acollida destes refuxiados e auxilialos economicamente durante os meses que permanezan aquí. Nos próximos días habilitarán canles para reunir fondos e conseguir alimentos, medicamentos, roupa e outros produtos que poidan precisar. “O aloxamento é fundamental polo que se alguén está interesado en ofrecer un domicilio, pode poñerse en contacto connosco. Animamos a todas as asociacións, particulares e empresas do concello que o desexen a que se sumen á nosa iniciativa”, sinalan desde a Plataforma. Contacto: 654 702 096 (Fátima)

E ao Concello de Chantada chegan esta semana dúas familias (oito persoas en total) procedentes de Ucraína. O concello prepara a casa para o acollemento e solicita a colaboración da veciñanza para conseguir distintos utensilios de cociña, mobles de habitacións e roupa de cama e de baño, entre outro material. O material entregarase na igrexa de Chantada (Parroquia de Santa Mariña) e antes de levar nada é imprescindible chamar por teléfono a un destes números:- 647 75 32 19 – Alejandro (Sacerdote)- 982 46 22 99 / 604 08 01 44 – (Servizos Sociais).

Concerto solidario en Sober

O Concello de Sober colabora, no marco do Mes do Amandi, co concerto solidario coas vítimas de Ucraína, que vai ter lugar o sábado, 26 de marzo, ás 22:00 horas na Praza do Toural.

Actuarán Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira, coa fin de recaudar fondos que irán destinados íntegramente a familias ucraínas. Pídese a colaboración mediante a recollida de achegas económicas que voluntariamente faga a xente que asista ao concerto, que serán doadas ó 100% para contribuír a esta causa. 

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...