HomeMedio ambiente e Patrimonio"O Courel dos tesos cumes" protagonista no Museo de Lugo

“O Courel dos tesos cumes” protagonista no Museo de Lugo

Maite Ferreiro inaugurou este venres a oitava edición da Xornada de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, centrada no territorio e no patrimonio do Courel, e coordinada pola directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo valorou “a achega que estas iniciativas supoñen na posta en valor do patrimonio e na transferencia á sociedade do coñecemento científico”. A este respecto, indicou que “a necesidade e urxencia de acertar nas estratexias para para que o patrimonio sexa un motor de desenvolvemento económico, social e cultural para unha comarca cunha situación demográfica crítica”.

Durante a xornada de mañá, interviron a Aurora Grandal D´Anglade, profesora titular da UDC, cun relatorio sobre os restos atopados nas covas do Courel; o arqueólogo e doutor en Prehistoria pola UCM, Luis Francisco López, que abordou os modelos de ocupación castrexa no Courel, achegando datos dos últimos estudos realizados a patir de prospeccións e escavacións como a realizado o pasado ano no monte Cido, e da análise morfolóxica dos poboados e do seu territorio; e Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero, membros do departamento de Arqueoloxía do Museo Provincial de Lugo, que centraron a súa exposición na cultura material do Courel conservada no MPL en tre a que destaca a coñecida como tabula hospitalis do Caurel, procedente de Torre Cabreira, lugar de Carbedo, parroquia de San Pedro de Esperante (Folgoso do Caurel).

As intervencións culminaron cunha mesa redonda á que se sumaron o presidente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novo, e o director dos Museo Xeolóxico de Quiroga, Ramón Vila, e na que contrastaron distintos puntos de vista sobre a rendibilidade sociocultural da investigación patrimonial.

Pola tarde visitouse o xacemento arqueolóxico do Castro da Torre, en Sobredo, en Folgoso do Courel, guiada por Iván Álvarez Merayo, e fíxose unha visita técnica explicativa á sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Museo de Lugo.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...