HomePolíticaO BNG presenta en Chantada propostas para o sector lácteo e informa...

O BNG presenta en Chantada propostas para o sector lácteo e informa sobre os procesos catastrais no concello

Este sábado ás 21:30h no local sindical de Chantada o BNG abordará as consecuencias para o sector gandeiro da actual crise de prezos e subministros e informará sobre a resposta recibida do goberno de España a propósito do Castastro en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de febreiro, o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego Candamil, presentaba no Congreso dos Deputados unha pregunta dirixida ao Goberno, interesándose polos procesos catastrais que se están desenvolvendo no Concello de Chantada.

Ao pouco de comezar o ano, Chantada recibía un “novo proceso catastral” promovido pola Dirección Xeral de Catastro para “subsanar discrepancias”, que afectan a 4617 parcelas, a meirande parte delas no ámbito rural. Desde o BNG consideran que o concello puido ter evitado esta revisión coa redacción dun PXOM.

A carencia desta figura urbanística, impediu a “realización inescusable dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, que é o que se coñece como Ponencia de Valores, que leva sen actualizarse en Chantada desde o ano 1989. De ter desenvolvido calquera destas dúas posibilidades, estarían consolidados os valores catastrais do municipio, e regularizadas a maioría das situacións, o que evitaría este novo e inxusto roubo á veciñanza de Chantada,” sinalan os nacionalistas. “O goberno de Chantada debería atallar esta situación desenvolvendo, dunha vez por todas, o obrigatorio PXOM.”

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...