HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

Breve crónica da actividade das distintas categorías na fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: CB Val de Lemos 50 – 26 AB Xinzo. Victoria do equipo benxamín, cun gran xogo de todo o equipo, que o fai subir ós postos altos da clasificación.

Alevín: CB Val de Lemos 32 – 39 AB Xinzo. Emocionante partido na categoría alevín, con moitas alternancias no marcador. Un pouco máis de acerto visitante foi o que decidiu o resultado final nun encontro no que os monfortinos deixaron boas sensacións de novo.

Alevín Val de Lemos

Infantil: Semifinais – Partido de volta CB Val de Lemos 77 – 37 AB Xinzo. Victoria de novo para os monfortinos, que certificaron o seu pase á gran final polo título de liga nun partido no que foron de menos a máis. Pase o que pase na final, gran tempada a que están a realizar.

Junior: Semifinal AB Xinzo 41 – 36 Abrente Val de Lemos. Nun partido no que se xogaba a praza na gran final da liga, os monfortinos deron batalla ante un dos favoritos para o triunfo final, e a piques estiveron de dar a sorpresa. Nun minuto final non apto para todos os corazóns, co marcador igualado, a sorte foi esquiva para os monfortinos, que viron moi preto a clasificación. Boa tempada de liga.

Senior: Barbadas 64 – 54 Abrente Val de Lemos. Saída compricada para o equipo senior, que se foi vencendo pola mínima ó descanso. Un acertado terceiro cuarto local foi determinante para que a victoria quedara en terras ourensáns.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...