HomeCultura"A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia" preséntase este venres...

“A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia” preséntase este venres en Sober

O Concello de Sober programa organiza este venres, 1 de abril, unha conferencia-cata audiovisual a cargo de Xavier Castro con motivo do Mes do Amandi. Presentarase a obra "A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia» ás 19:00 no centro sociocultural de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A rosa do viño», título desta obra, inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño, reparando nomeadamente na súa densidade, no corpo que posuía. Tíñase en mellor estima o tinto de acendrado espesor (“que críe sangue”), que era o que deixaba uns trazos vermellos que, ó descender polas paredes da cunca, formaban os pétalos dunha flor, a rosa do viño. 

A presente obra constitúe un achegamento á historia cultural do viño en Galicia, e artéllase como un traballo de investigación histórica que emprega fontes primarias, en boa parte inéditas, e recorre tamén a bibliografía primordial. Pretende, deste xeito, aterse ao rigor histórico pero procura asemade relatar unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos dun modo que sexa interesante á par que resulte tamén de grata lectura. 

O libro detense na consideración do tradicional gusto popular e no protocolo da bebida fronte á cata experta. Constátase a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber os galegos, e examínanse tanto as boas maneiras como os usos populares, analizando o tránsito da bebida comunitaria (beber por quenda empregando un mesmo recipiente) á unha concepción individualista no xeito de beber. Alúdese asemade aos recipientes (pichel,  xerro, cunca, vaso e copa) e as expresións características que se adoitaban empregar nesta práctica social. 

A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia», obtivo o Premio Deza de investigación e tamén o galardón: Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best Wine History Book.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...