HomesociedadeCortada ao tráfico a estrada provincial de Pedrafita a Seoane os días...

Cortada ao tráfico a estrada provincial de Pedrafita a Seoane os días 4, 5 e 6 de abril

As obras de mellora e ensanche que está acometendo a Deputación de Lugo no tramo que vai do punto quilométrico 10,7 ao 12,5 da estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada entre o vindeiro luns e o mércores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste tramo xa se acometeron os traballos de adaptación da rasante de varias curvas e a instalación dun tubo para executar a drenaxe transversal. O proxecto para a mellora deste treito contempla a ampliación da estrada, tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización horizontal e vertical, e colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

Agora é necesario cortar a circulación para acometer os traballos de estendido do aglomerado. A vía abrirase antes do mércores no caso de que conclúan as tarefas.

A Deputación inviste 245.000€ na mellora deste tramo da estrada provincial de Pedrafita a Seoane que vai do quilómetro 10,7 ao 12,5; ten adxudicada outra fase, do quilómetro 8,6 ao 10,7, neste caso por un importe de case 300.000€; e está redactando o proxecto para a terceira fase. Desta forma, ao finalizar este mandato, esta vía quedará completamente renovada.

ÚLTIMAS

O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para recuperar palabras en desuso

O CPI Poeta Uxío Novoneyra vén de poñer en marcha unha iniciativa, "Palabra no...

Un morto e un ferido nun choque frontal en Taboada

Unha persoa faleceu este mércores e outra resultou ferida nunha colisión frontal entre dous...

60.000€ e un mes de prazo de execución para a renovación dos paseos do Parque Doutor López Suárez en Monforte

O Parque Doctor López Suárez está situado na rúa do mesmo nome, no entorno...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora...