HomeDeportesAgradecemento 'de monfortino a monfortino'

Agradecemento ‘de monfortino a monfortino’

Francisco Conde trasladoulle ao piloto Eduardo Iglesias o apoio da Xunta de Galicia para seguir levando o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo recentemente un encontro co piloto do Team Monforte Rally Eduardo Iglesias, a quen felicitou pola súa participación no Rally Dakar 2022 tras rematar a dura proba por terceiro ano consecutivo e alcanzar nesta edición a 78ª posición.

No encontro, ‘de monfortino a monfortino’, Francisco Conde trasladoulle a Eduardo Iglesias o apoio da Xunta para seguir levando en próximas competicións o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional, contribuíndo así á proxección exterior da Comunidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...