HomePolíticaDemandas dos socialistas de Sober para o vindeiro pleno

Demandas dos socialistas de Sober para o vindeiro pleno

Os socialistas de Sober demandarán explicacións ao Goberno Local sobre os verquidos da depuradora e o parque infantil de Canaval, o arranxo de camiños en Doade, a limpeza na parroquia de Rosende ou a remodelación da ponte da Barca, entre outros asuntos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista, Eladio Fernández, asegura que dende finais de febreiro a depuradora de Canaval estivo vertendo augas directamente ao Río Cabe sen depurar. Advirte “que xa sucedeu moitas veces este tipo de anomalías e vemos que desde o Concello non se arraxa de forma definitiva. Por iso queremos saber cando ten pesado Concello eliminar estes vertidos e cal e a solución que vai abordar para que non se volva repetir?”.

Tamén en Canaval aseguran que reciben queixas da veciñanza sobre a seguridade do parque infantil que se vén de reformar e queren saber se se cumpre coa normativa. Eladio Fernández tamén quere saber si por parte do Concello se solicitou un paso elevado ou soterrado na estación de Canaval.

Na parroquia de Doade preguntan cando se colocará o espello no cruce da Margarida e fanse eco das queixas dos veciños que reclaman que se pavimente o camiño do Pomar, desde a bodega do Fidel ata as casas do Pomar. “A veciñanza xa demandou en diversas ocasións o adecentamento destes viais municipais, e pedimos que o Concello execute estas obras”, remarcan.

Preguntan pola limpeza de espazos públicos en Rosende e aseguran que a maleza invade a Lama Dos Campos. Tamén os socialistas amosan o seu malestar sobre os requirimentos que está realizando o Concello para que se limpen as fincas de monte que carrexan algún risco de incendio nas poboacións cércanas.

Lembran que o pasado xuño se aprobou por unanimidade en pleno unha iniciativa do PSOE para a renovación da ponte da Barca, na desembocadura do río Cabe co río Sil. “Queremos saber que avances hai sobre este proxecto e que conversas tivo o Concello coa Confederación Hidrográfica para poder executalo?”, explican.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...