HomesociedadeA Adega Tear inaugura a XLII Feira do Viño de Amandi

A Adega Tear inaugura a XLII Feira do Viño de Amandi

A edición deste ano inaugurábase ás 12:00 deste sábado pola Adega Tear como homenaxe a Manuela Valdés, falecida recentemente, e ao seu marido Nilo Vila, falecido hai xa algúns anos. Esta edición da feira será dedicada o Concello de Bóveda continuando así cunha homenaxe especial que se fai cada ano a un Concello da comarca. E o pregón correrá a cargo de Chechu Salgado, quen vén de acadar o Goya a mellor actor revelación por ‘Las leyes de la frontera’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 23 adegas do Concello de Sober participan nesta edición que volve á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

Sábado 9 de abril

  • Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
  • Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
  • Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
  • Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
  • Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
  • Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

Domingo 10 de abril

  • Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
  • Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
  • Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
  • Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
  • Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
  • Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
  • Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...