HomeDeportesO Neka Monforte viaxa coa axuda da Vicepresidencia da Deputación ao Campionato...

O Neka Monforte viaxa coa axuda da Vicepresidencia da Deputación ao Campionato do Mundo de Taekwondo que se celebra en Corea

Efrén Castro visitou ao Neka Monforte, que prepara a viaxe a Corea de oito deportistas para participar no Campionato do Mundo de Taekwondo que se celebra do 21 ao 24 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aitor Teijeiro Elidio, Lucía Roca Rodríguez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez, Daniel Areán Grejs, Alejandro Losada Rodríguez e Carlos Rey Cuadrado sairán o vindeiro martes, 12 de abril, rumbo a Corea onde competirán en seis categorías de modalidade técnica, marcando así un fito na historia do club monfortino, creado en 1996 por José María Vega Sánchez.

O deputado de Deportes asistiu a un dos últimos adestramentos dos mundialistas -de Monforte e Taboada-, que recibirán unha achega da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para facer fronte aos gastos de desprazamento.

Efrén Castro felicitounos polo “traballo feito para conseguir un oco entre a elite do taekwondo mundial” e trasladoulles “o apoio da área de Deportes de cara a cita en Corea”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...