HomeDeportesDous partidos na casa do CB Val de Lemos senior

Dous partidos na casa do CB Val de Lemos senior

Esta fin de semana só houbo competición para a categoría senior do CB Val de Lemos que xogou dous partidos na casa, resultando vencedor námbolos dous encontros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro encontro foi o venres, correspondente a unha xornada anterior na que fora aprazado. Ante o CB Alaricano, un dos líderes do grupo, o equipo despregou bos ataques e sobre todo, unha gran defensa, que resultou determinante, xa que se mantivo todo o partido, impedindo recuperar a ventaxa ós visitantes e así poder levar o triunfo por 61-45.

O sábado, o CB Val de Lemos enfrontábase a outro equipo sólido, o CB Imprenta. Os monfortinos comezaron moi ben, pero pouco a pouco os visitantes non só se achegaban no marcador, senón que conseguirían darlle a volta antes do derradeiro cuarto. Grazas a uns axustes defensivos e o maior acerto de cara ó aro para rematar co resultado de 71-65.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...