HomesociedadeChechu Salgado achega o seu Goya a Sober

Chechu Salgado achega o seu Goya a Sober

O pregoeiro da última edición da Feira do Viño de Sober aproveitou a súa estancia no municipio para achegar á veciñanza o Goya que gañaba o actor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober dalle as grazas ao actor Chechu Salgado, que este ano foi o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, por achegar o seu premio Goya como mellor actor revelación por ‘Las Leyes de la frontera’ para que toda a xente de Sober puidera velo.

Jesús Salgado López deixaba este domingo en Sober eloxios ao concello que o viu nacer e ao seu viño:

“Tanto o viño como o cinema conéctannos directamente coas nosas raíces, axudan a traballar a imaxinación e sitúannos no mundo.

O viño de Amandi e o cinema galego entendidos coma un pasaporte para comunicarnos co resto do mundo.

Canto me axudou estando fóra falar con alguén descoñecido dunha película en común ou cantas conversacións puiden abrir porque na carta de viños tiñan viños de Amandi.”

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...