HomesociedadeQuiroga contará con 12 agrupacións musicais no Certame Celtibérico de Bandas de...

Quiroga contará con 12 agrupacións musicais no Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

O Certame Celtibérico, que se celebra a vindeira fin de semana coa Feira do Viño, estará adicado este ano a Alfonso Muíño, un dos investigadores máis importantes no coñecemento da gaita, centrándose no estudo das palletas. Con esta homenaxe, en palabras de José Luis Foxo, preténdese que siga sendo un referente na cultura da gaita e tamén que Quiroga teña un espazo para a música tradicional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación do certame interviron o Director da Real Banda de Gaitas de Ourense, José Luis Foxo, o Concelleiro de Cultura, José Luis Rivera e o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Con esta cita Quiroga vai ser novamente, o vindeiro sábado, un escenario único, no que se van xuntar 500 músicos de agrupacións chegadas do norte de Portugal, de León, de Asturias, de Galicia e da Galicia Emigrante.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, matizou que non é fácil atopar un número tan significativo de músicos que encherán de cor e son as rúas da vila quiroguesa, nun acto que serve para manter a tradición e a cultura.

No Certame Celtibérico, que comezará ás once e media da mañá, deste sábado, 16 de abril, participarán bandas de gaitas nos catro graos e contarán cun equipo de xuíces profesionais que farán informes de cada banda.

Na presentación do acto tamén estiveron presentes os integrantes da Escola de Gaitas San Martiño de Quiroga, que baixo a dirección do seu profesor, Marco Foxo, interpretaron varias pezas musicais e incluso remataron interpretando a Pastora do Caurel.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...