HomesociedadeTomé presenta ao sector do viño da Ribeira Sacra o programa Reiníciate,...

Tomé presenta ao sector do viño da Ribeira Sacra o programa Reiníciate, encamiña o teu futuro

Poderán acollerse ao Reiníciate, encamiña o teu futuro un total de 120 persoas, sen límite de idade, que acrediten levar un ano, como mínimo, inscritas no Servizo Público de Emprego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores no Centro de Interpretación do Viño de Monforte de Lemos o programa Reiníciate, encamiña o teu futuro ante adegueiros e adegueiras da Ribeira Sacra. Unha iniciativa de formación e emprego da institución provincial e a Escola de Organización Industrial (EOI) enmarcada no Plan de Impulso de Economía da Provincia que pretende nutrir ao tecido produtivo de man de obra cualificada a través da formación de persoas desempregadas de longa duración.

O programa, que está dotado con 355.000€, constará dunha parte de formación gratuíta naqueles sectores con alta demanda de persoal capacitado, e doutra parte de formación práctica. Haberá establecidas tres zonas de actuación para impartir as formacións, que comezarán a finais de abril: a zona norte (Burela) a zona sur (Monforte de Lemos) e a zona centro (Lugo).

Todas as persoas participantes acadarán a capacitación básica e clave para acceder a un posto de traballo cualificado. Segundo explicou o Presidente, no caso da formación relacionada co sector do viño, “a formación práctica poderá ser en adegas, e despois crearemos unha bolsa de emprego á que empresarios e empresarias poderán acudir para contratar a este persoal capacitado”. Ademais da formación relacionada co viño, haberá formación noutros sectores con demanda, como a atención sociosanitaria ou os idiomas.

Este plan de formación e emprego busca a inserción laboral e que diferentes sectores profesionais, como o vitivinícola, poida nutrirse de man de obra cualificada.

Reiníciate: dixitaliza a túa empresa é un programa de formación e de asesoramento personalizado e gratuíto para axudar a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías para modernizar e para mellorar o seu negocio. Reiníciate: enfoca o teu futuro é unha iniciativa que ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo da xente nova dándolle formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas e entidades en profesións con alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e coa dixitalización.

Neste último programa está aberto o prazo para que as empresas e asociacións interesadas poidan solicitar unha axuda económica para incorporar a estes rapaces, xa formados, durante un período de tres meses en réxime de prácticas non laborais remuneradas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...