HomeCulturaLa Unión de Sarria recibe 60 publicacións en galego da Vicepresidencia da...

La Unión de Sarria recibe 60 publicacións en galego da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na ampliación da biblioteca da Sociedade Cultural e Recreativa La Unión de Sarria coa entrega de máis de setenta publicacións en galego. E La Unión acollerá o vindeiro sábado, 23 de abril, ás 19:00 horas, a proxección do documental “A virxe roxa”, de Marcos Nine.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As publicacións entregadas son obras editadas polo Servizo de Publicacións e outras iniciativas editoriais coas que se colaborou desde a área de Cultura, na súa maioría obras de temática histórica, etnográfica, patrimonial, literaria ou artística, entre elas varias ligadas a Sarria e a comarca como o poemario “Tigres coma cabalos” de Xela Arias ou a antoloxía coa súa obra poética “Poesía Reunida. 1982-2004”, “Escolas Agrícolas na segunda metade do s. XX”, que recolle a traxectoria da Granxa Escola de Barreiros ou o volume “Formas tradicionais da cerámica popular. Samos”.

As publicacións súmanse así ao catálogo de títulos da biblioteca que a Sociedade Cultural e Recreativa La Unión ten na súa sede, para uso das persoas socias e tamén da veciñanza sarriá interesada na súa lectura ou consulta.

O deputado, Efrén Castro, explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo se está a impulsar esta fórmula de colaboración con entidades e colectivos culturais para mellorar a difusión das obras que se editan desde o Servizo de Publicacións e promover a lectura en galego”.

O responsable provincial aproveitou a visita para destacar “a traxectoria da Unión como referente cultural e social de Sarria e, especialmente, o traballo desenvolvido nos últimos anos na apertura do colectivo e da propia sede á veciñánza, colaborando con iniciativas doutros colectivos como o Esmorga Fest, que ven de celebrarse, e acollendo tamén propostas culturais impulsadas desde as institucións”.

A Sociedade La Unión realiza tamén este ano as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que contempla a exhibición das oito longametraxes – documentais e de ficción – que foron finalistas dos premios audioviuais. O vindeiro sábado, 23 de abril, ás 19:00 horas, proxectarase o documental “A virxe roxa”, de Marcos Nine.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...