HomesociedadeObradoiro de superalimentos o día 30 en Chantada

Obradoiro de superalimentos o día 30 en Chantada

Tata, alimentos con historia e o Club Atletismo Chantada, coa colaboración do Concello de Chantada e a Herboristería Milenrama ofrecen de forma gratuíta un taller de merenda saudable, que terá lugar no telecentro de Chantada o sábado, 30 de abril, ás 17.00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización anima a participar a todas aquelas persoas interesadas en mellorar os seus hábitos alimenticios coa incorporación de “superalimentos” á súa dieta.

Durante hora media, Judith Jacinto, fundadora de Tata e a nutricionista, Tamara Rivas, da Herboristería Milenrama presentarán algúns dos principais superalimentos, as súas propiedades e os seus usos, aplicándoos en receitas ricas e saudables.

Prégase inscrición chamando ao teléfono: 658.664.820, mandando un email a info@tataalimentos.es ou persoalmente na Herboristería Milenrama.

Os superalimentos na nosa dieta

Refírese a alimentos de alta densidade nutricional cunha baixa achega de calorías por porción; a chía ten seis veces máis calcio que o leite ou o Camu- Camu contén ata 60 veces máis vitamina C que as laranxas, son algúns dos datos que reforzan o seu valor na dieta.

A marca chantadina, Tata Alimentos, nace en 2022 co obxectivo de achegar a todos os públicos alimentos naturais con propiedades e beneficios destacados para a saúde. Un proxecto familiar que nace coa idea que aproximar alimentos milenarios de todas as partes do mundo 100% naturais, ecolóxicos, libres de glute e veganos.

Sementes, froitos secos, raíces, especias…produtos naturais con altas propiedades para a saúde, que poden axudar a mellorar a nosa alimentación.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...