HomesociedadeEn Son de Paz este día 30 en Chantada

En Son de Paz este día 30 en Chantada

Este sábado, 30 de abril, a veciñanza de Chantada está convocada a un acto musical, cultural e divulgativo para colectivizar información sobre a situación de conflitos bélicos e da poboación refuxiada que foxe deles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Son de Paz busca ser un encontro da veciñanza que retome a vida comunitaria na rúa e nos espazos públicos, a través da música e da cultura e que pretende aproveitar a necesidade das persoas de tomar parte coa realidade que lles toca vivir. 

O acto vén promovido por un grupo de persoas vinculadas a distintas actividades e proxectos culturais e musicais que entenden que a música pode e debe ser un elemento vertebrador, non só da solidariedade, tamén da unión comunitaria.

Ás 11:30 comezará no auditorio un ciclo de charlas no que tanto persoas coñecedoras da realidade da Ucraína e doutras zonas en conflito como persoas que participan do activismo e da axuda directa a persoas refuxiadas, compartirán as súas visións, coñecementos e experiencias. África e Iemen como refuxios, os refuxiados saharauis e ucraínos e o seu acollemento serán algúns dos temas a tratar.

Pola tarde, a partir das 17:00 na praza do Cantón, ollarase cara o mesmo sitio desde outra perspectiva. Coro Ucraíno, Estrella Polisaria, Academia Feat. Aziz&Ajyu, Searas, Fábrica de Espejos, Liviao de Marrao e Rastreros encherán de música e cultura a vila cos seus sons de paz. Facilitaranse canles de colaboración con distintas entidades e colectivos que participan na axuda ás persoas refuxiadas. 

ÚLTIMAS

Courel Vivo leva a pleno solicitar Servizo de Hospitalización a Domicilio

O Hospital Comarcal de Monforte ofrece HADO desde 2016 cun único equipo composto por...

58.000€ para a mellora de seis locais sociais en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou os inmobles das asociacións Ajuilaouca e...

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...