HomesociedadeO Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A xornada levouse a cabo no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e incluíu, mesa redonda sobre logros e retos do Camiño de Inverno e a proxección do documental “Unha década de pegadas e voces”, que repasa da man de Némesis Audiovisual estes dez anos a través das paisaxes, experiencias e testemuños de persoas que participaron no proceso de recuperación e recoñecemento do itinerario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das asociación promotora, a asociación constituída hai case 30 anos por Aida Menéndez, a Asociación Cultural Camiños a Santiago pola Ribeira. Contouse cunha ampla representación tamén dos concellos polos que pasa a ruta e que forman parte da Asociación de Municipios do Camiño Santiago de Inverno.

As xornadas serviron para render homenaxe ás persoas e entidades que contribuíron a conseguir a oficialidade hai 10 anos e a posterior consolidación do Camiño de Inverno, así como para facer balance do camiño percorrido desde o seu recoñecemento.

A celebración estivo guiada pola presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Ana Bernárdez, que agradeceu a boa disposición da nai abadesa para poder desenvolver este acto no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira, nunha xornada na que se celebraba o Día Mundial do Turismo e destacou a importancia desta ruta, “o Camiño é territorio vivo e seguimos promovendo actividades para promocionalo, unha das máis importantes é a andaina escolar, na que reunimos no camiño a máis de 2.500 nenas/os”. Esta cita celebrarase este venres, 2 de outubro.

Ana Bernández 10 anos oficialidade Camiño de Inverno / XdL

Na mesa redonda das xornadas interviron Julia Rodríguez Barreira, deputada no Parlamento de Galicia no momento da oficialización; José Luis Rivera Castro, alcalde de Quiroga e representante da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno; Raquel Arias Rodríguez, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e o director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles que destacaba do escenario, “non se me ocurre mellor sitio para celebrar o día do turismo” e enxalzaba o Camiño de Inverno, “Un dos elementos máis vertebradores do interior de Galicia, unha ruta que axuda á desestacionalización e a fixar población e visitantes. En 10 años multiplicou por 10 o número de peregrinos”.

No encontro intervirían tamén o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez e o deputado, Francisco Conde; que coincidiron na necesidade de construir un proxecto de territorio entre todos e que o Camiño o había que facer todos xuntos.

A xornada completaríase coa presentación do documental “Unha década de pegadas e voces”, da produtora Némesis Audiovisual, unha viaxe pola paisaxe do Camiño, que repasa a historia desde finais dos 90, contando con material editado con Aida Menéndez, ademais dos relatos doutras persoas que participaron no proceso de recuperación e recoñecemento do itinerario.

Uns petiscos pecharían esta celebración que reuniu a máis dun cento de persoas estreitamente relacionadas co camiño e coa promoción do seu patrimonio, como Máis que Románico.

“Unha década de pegadas e voces” / XdL

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...