HomeCulturaOs contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A Biblioteca Municipal de Chantada retoma a tempada de contacontos, nesta ocasión con citas todos os primeiros venres de mes. Así o venres, 2 de outubro, ás 18:15h comezarase con Latexos. As lendas do castro de K'Paparota teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo en clave de humor que, a través de obxectos de mesa e monicreques, mergulla ao espectador na maxia das lendas galegas.

A obra que ofrece unha viaxe chea de fantasía e retranca, é creación de Patricia Caméan, actriz e promotora da compañía K’paparota Teatro, un proxecto emerxente especializado en público familiar que combina o traballo actoral coa manipulación de obxectos e monicreques. Pedagoxía teatral, que sitúa a vida e ás persoas no centro, apostando por un teatro próximo e comprometido, que coide os vínculos, a infancia e os valores sociais e ambientais promovendo espazos de encontró e reflexión.

Esta actividade pertence ao programa de dinamización lingüística FalaRedes impulsado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua.

Curso de introdución á lingua e cultura galegas

Ata o 15 de outubro, a Casa da Cultura de Chantada está a acollendo un curso de introdución á lingua e á cultura galegas que organiza a Secretaría Xeral da Lingua, coa colaboración do Concello de Chantada como membro da Rede de Dinamización Lingüística.

Con esta formación as persoas participantes adquiren nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita); coñecementos sobre a cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música, historia…); ademais de recursos prácticos para a comunicación no día a día.

Os obxectivos son fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.

Curso de iniciación á lingua e cultura galegas / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...