HomesociedadeCoñece a túa provincia esta semana na Mariña, Ribeira Sacra e A...

Coñece a túa provincia esta semana na Mariña, Ribeira Sacra e A Montaña

A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo.

Este mércores, os beneficiarios son da Asociación Social e Cultural dos Veciños de Lanzós, de Vilalba, que viaxarán a Monforte de Lemos, despois de visitar o Pazo de San Marcos. O xoves a Asociación de Veciños do Casco Antigo de Viveiro que, tras facer unha parada na Granxa Gayoso Castro da Deputación, continuarán o seu percorrido ata Monforte.

A Asociación de Veciños de San Román do Vicedo e a Asociación de Veciños de Santa María da Cabeza, da Pobra do Brollón, serán as últimas entidades en realizar esta semana as viaxes. A entidade vicedense visitará o Pazo de San Marcos e coñecerá os concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, mentres que a asociación da Pobra do Brollón achegarase aos concellos de Burela e Foz tras visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño.

Un total de máis de 3.000 persoas de 135 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro. 

Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...