HomePolíticaOs senadores de Lugo piden reconsiderar a actualización das conexións por autobús,...

Os senadores de Lugo piden reconsiderar a actualización das conexións por autobús, “que perxudican a 10 concellos da provincia”

Os senadores do PP da provuncia de Lugo reclaman ao Goberno que o Ministerio de Transportes que reconsidere a actualización das conexións por autobús, dado que “prexudica” aos usuarios de dez concellos: Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Chantada, Quiroga, Monterroso e Palas de Rei.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, esta modificación do actual trazado conleva que os viaxeiros das poboacións con menor demanda, é dicir, os da zona rural onde viven unha menor cantidade de persoas, “se vexan obrigados a realizar transbordos dende outras liñas de competencia autonómica ou incluso dende os seus vehículos privados, se é que dispoñen deles.”

Con esta medida, segundo os senadores o Executivo de Sánchez prioriza a rendibilidade económica ás necidades dos veciños que residen nos núcleos máis afastados, que son, indican, “unha vez máis os grandes prexudicados e discriminados”.

Os representantes de Lugo na Cámara Alta farán as seguintes preguntas:

  • Está priorizando o Goberno de España a rendibilidade económica fronte ao servizo público que ofrecen as liñas de autobuses que pretende eliminar na provincia?
  • Cree o Executivo central que atender a criterios como a poboación dos municipios á hora de recortar as paradas é unha medida discriminatoria cara aos cidadáns do rural lucense?
  • É consciente o Goberno e que esta decisión contribúe a fomentar a desigualdade no rural e a fomentar a despoboación na provincia?
  • Dáse conta o Goberno de que os grupos que máis utilizan este medio de transporte son, entre outros, os estudantes, que ser verán enormemente prexudicados por esta redución das paradas de autobús?

ÚLTIMAS

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...