HomeCultura“A Virxe Roxa” este día 23 en Chantada

“A Virxe Roxa” este día 23 en Chantada

A proxección será no audidorio municipal de Chantada este sábado, 23 de abril, a partir das 20.00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ciclo de Cinema Mestre Mateo leva este sábado a Chantada a peza ‘A Virxe Rosa’, Premio ao mellor documental na última edición dos premios que lle dan nome a esta programación da Academia Galega do Audiovisual. 

A sesión, que rematará cun coloquio e contará coa presenza do seu director, Marcos Nine, será de balde. O filme “A Virxe Roxa” céntrase nun feito que conmocionou a España dos anos 30, ás portas da Guerra Civil, cando Aurora RodrÍguez Carballeira acaba coa vida da súa propia filla de 18 anos. A rapaza Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio do pensamento, intelectual e pioneira do feminismo en España.  

O Ciclo Mestre Mateo continuará mensualmente coa exhibición dos filmes premiados na última edición destes premios. Está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Chantada e o colectivo Airoá Comunicación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...