HomesociedadeQuiroga no proxecto "Hola Pueblo"

Quiroga no proxecto “Hola Pueblo”

Quiroga forma parte da terceira edición do programa Holapueblo, unha plataforma que loita contra o despoboamento co obxectivo de atraer novos veciños a concellos de todo o territorio español con menos de 2.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta terceira edición foron seleccionados 80 pobos de toda España, entre os que se atopa o de Quiroga, para participar nun programa nacional que ata a data conseguiu que 19 concellos de 14 provincias gañen poboación, maioritariamente parellas de entre 40 e 50 anos e con fillos. Bóveda xa forma parte tamén desta inciativa.

O Concello de Quiroga pretende ademais enlazar este programa coa posibilidade de desenvolvemento que ofrece a Aldea Modelo de Bustelo de Fisteus, que nestes momentos ten 10 hectáreas de terreo preparadas para a súa explotación.

O proxecto ideado por AlmaNatura e impulsado por el Grupo Red Eléctrica e IKEA, coa colaboración de Triodos Bank, Fundación Triodos, Correos e Reale Seguros, ten como propósito impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de persoas que desexen facer realidade o  seu proxecto de emprendemento no medio rural con pobos en busca de novos habitantes.

O compromiso que asume o Concello de Quiroga é que existan dúas vivendas que se poidan alugar, algo que pode ser en calquera lugar do municipio. Pola súa parte, a plataforma Holapueblo divulgará que Quiroga é un dos concellos seleccionados e que reúne as condicións idóneas para que persoas emprendedoras podan levar a cabo os seus proxectos. A plataforma encárgase de mentorizar e acompañar ás persoas emprendedoras a instalarse e desenvolver as súas ideas de negocio.

ÚLTIMAS

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...