HomesociedadeProgramación musical na Feira do Viño de Vilachá

Programación musical na Feira do Viño de Vilachá

A Feira do Viño de Vilachá, que se celebra o 7 e 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira, na Pobra do Brollón contará co prato forte nos concertos, do grupo Brassica Rapa, primeira fanfarria 100% feminina galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais participará un alto número de músicos da zona ou ligadas á Pobra do Brollón e doce grupos de Cantos de Taberna que se dividirán entre os
dous días.

Tamén tocará este ano a asociación monfortina Baturruka, que levarán o seu formatovde batucada polos rueiros das adegas medievais. Ademais, os Gaiteiros de Samoeiro terán o seu momento nesta edición. Trátase do
grupo de gaitas formado por alumnos da Escola de Música Municipal Samoeiro, da Pobra do Brollón.

O sábado, dende media mañá participarán os grupos de cantos de taberna: Antoxo duns poucos, A Derradeira, O Recanto, As Macizas Centrais, Os Parrandas e Son do Mao. A programación musical do sábado será pechada por Brassica Rapa cunha actuación prevista para as 22:30.

O domingo, abrirán os Gaiteiros de Samoeiro seguidos do pregón que dará paso a Baturruka. O resto do día, a animación correrá a cargo dos grupos Os Corenta e Chinco, Gaiteiros de Samoeiro, As Recuncadas, Searas, Skachakunchas, Os Somontanos e Os Tabernos

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...