HomesociedadeO Centro de Maiores de Ribas de Sil abrirá este ano

O Centro de Maiores de Ribas de Sil abrirá este ano

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade na súa última sesión o convenio específico do Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil. Este é o último trámite interadministrativo entre o Concello e a Deputación antes de proceder á apertura da residencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este convenio a institución provincial avanza nos compromisos cos Concellos en materia de residencias, e coas partidas destinadas á apertura de novas residencias cando aprobou os Orzamentos 2022. Con este convenio específico establécese a prioridade de acceso ás prazas no centro para os veciños e veciñas de Ribas de Sil; en segundo termo para os dos municipios limítrofes ou da comarca; e despois, para os veciños da provincia en xeral.

A Deputación comprométese a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. E pola súa banda, o Concello comprométese a colaborar coa institución provincial e a facer as achegas económicas previstas. O documento inclúe o orzamento de máis de 2,8 M€ para as vindeiras catro anualidades para o funcionamento da residencia (2022, 2023, 2024 e 2025). 

A finais deste mandato serán un total de 9 os centros de maiores da rede pública da Deputación en funcionamento e continúase traballando nas residencias da Pobra do Brollón, Folgoso do Courel ou Ferreira de Pantón.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...