HomesociedadeMonforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A obra foi adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos, S.A., por un importe de 47.429,33 euros, cun prazo de execución de 2 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros de anchura e estará preparada para a práctica deportiva. O proxecto desenvolverase nunha parcela de titularidade municipal situada no barrio das Cruces, cunha superficie aproximada de 2.650 metros cadrados.

Os traballos contemplan a preparación e nivelación do terreo, a retirada da terra vexetal e a execución dunha base de zahorra compactada sobre a que se colocará a solera de formigón pulido. A intervención inclúe tamén o pintado e marcaxe das pistas, así como a colocación dunha rede de protección deportiva nun dos laterais e nun dos fondos da instalación.

Ademais, construiranse taludes suaves nos catro lados para facilitar a integración da pista no seu contorno e executarase un peche no lado leste da parcela, unha cimentación de formigón armado e parte superior de bloque de formigón liso cara vista de 1,50 m de altura.

O rexedor, José Tomé, pon en valor esta intervención, xa que “permitirá dotar o barrio dunha nova infraestrutura deportiva ao aire libre, ampliando os espazos dispoñibles para a práctica do deporte e favorecendo que a veciñanza das Cruces e do seu entorno conte con instalacións próximas ás súas casas”, indica.

ÚLTIMAS

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...