HomesociedadeRenfe anuncia melloras nas conexións co sur de Lugo desde o 8...

Renfe anuncia melloras nas conexións co sur de Lugo desde o 8 de maio

Renfe reconfigura desde o próximo domingo, 8 de maio, a conexión entre A Coruña e Santiago de Compostela coa mellora dunha ligazón diaria para conectar coas localidades da zona sur de Lugo, Ourense e ata Ponferrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta opción de viaxe permitirá, segundo apuntan desde Renfe, chegar en menos tempo e axustándose aos horarios máis demandados de regreso dos usuarios, que viaxan habitualmente por estudos e en xornadas laborais, principalmente os venres.

Os clientes que viaxen no tren Avant con saída da Coruña ás 15:10 horas, paso por Santiago de Compostela ás 15:38 horas e chegada a Ourense ás 16:18, unha vez cheguen á cidade das Burgas, poderán enlazar co tren que vén de Vigo e pasará por Ourense ás 16.30.

O tren Vigo-Guixar-Ponferrada modifica a súa saída ás 14:10 horas (ata o 7 de maio este tren sae ás 13:55 horas) e continuará viaxe desde Ourense ata as localidades da zona sur da provincia de Lugo, a provincia de Ourense e ata finalizar o traxecto en Ponferrada, cuxa chegada será ás 19:20 horas (en lugar da as 18:49 horas de antes).

Varios colectivos, principalmente de estudantes, solicitaban un horario que lles permitise terminar a súa xornada, especialmente os venres, e poder desprazarse ata os seus fogares nun mellor tempo. Os horarios están dispoñibles en www.renfe.com.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...