Homesociedade285.000€ para a mellora do tramo que completaría a estrada provincial Pedrafita-Seoane

285.000€ para a mellora do tramo que completaría a estrada provincial Pedrafita-Seoane

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aproba a licitación dos traballos que afectarán ao tramo do pk 7,350 ao 8,670, e que terán un prazo de execución de 6 meses. A Deputación actuará neste treito para ensanchar a vía, axustándose ás características do territorio como parte da Rede Natura 2000.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto contempla afirmado, pavimentación, sinalización e colocación de balizas de neve, paneis direccionais e barreira metálica de seguridade. Unhas actuacións que integran a fase final das obras de rehabilitación dos 6 quilómetros que quedaban pendentes nesta estrada entre Pedrafita e Seoane, e que se suman ás xa rematadas entre os puntos quilométricos 10,700 e o 12,591, ás que destinou 245.000€, e as que comezarán previsiblemente este mes no tramo que vai desde o 8,670 e o 10,700, adxudicadas en preto de 300.000€.

José Tomé destacou que a Deputación destinou en total preto de 1M€ nesta estrada cumprindo coa súa palabra de arranxar os quilómetros que quedaban pendentes para a súa rehabilitación completa. O Presidente recalcou a importancia desta actuación para o conxunto da Montaña, “porque esta estrada é moi empregada pola veciñanza e contribuirá a avanzar cara o equilibrio territorial, imprescindible para o futuro do rural”.

A Deputación de Lugo leva investidos desde o inicio do mandato máis de 14M€ en infraestruturas viarias na Montaña a través de varias liñas de actuación. A institución provincial actúa nas estradas da comarca con proxectos de mellora, a través do Plan Único, cos medios propios do Parque Móbil e tamén con cargo ao Plan Provincial de Conservación de Estradas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...