HomePolíticaO PP provincial acusa a Tomé de "falta de respecto institucional"

O PP provincial acusa a Tomé de “falta de respecto institucional”

O PP afea a Tomé que ningún membro do goberno provincial asistira á inauguración do albergue de Diomondi, o primeiro do Camiño de Inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia “unha nova mostra de incapacidade de xestión e a incorrixible falta de respecto institucional do goberno provincial”. Neste caso por non asistindo ningún membro do equipo de goberno á inauguración do novo albergue no antigo palacio episcopal de Diomondi, o único do Camiño de Inverno, “que é fundamental para a promoción turística da Ribeira Sacra”.

O portavoz popular denuncia que “por parte da Deputación de Lugo non existe promoción da Ribeira Sacra; como proba, non hai máis que recordar o absoluto abandono da zona de Augas Mestas, en Quiroga, que levan tempo prometendo poñer en servizo e sigue abandonada”.

Para comprobar a “falta de interese da Deputación pola Ribeira Sacra”, segundo Castiñeira, “non hai máis que ver o estado das estradas provinciais, nos diferentes concellos; moitas delas dan acceso ao Camiño de Inverno”. Apunta que “quizá o mal estado das estradas provinciais sexa o motivo, ademais da falta de respecto institucional, da non asistencia de membros do goberno provincial á inauguración”. Engade: “Probablemente, coñecendo o mal estado da estrada  LU-P 5806, que dá aceso á parroquia de San Paio de Diomondi, decidiron no acudir”.

O estado da citada vía provincial “marca novamente a mala imaxe da Deputación de Lugo arredor dos diferentes Camiños que atravesan  a nosa provincia”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...