HomeCulturaAfonso Eiré presenta "Ausentes" o día 7 en Chantada

Afonso Eiré presenta “Ausentes” o día 7 en Chantada

O acto, organizado pola Irmandade Cultural País do Faro, terá lugar o sábado, 7 de maio, no Círculo Recreativo Cultural de Chantada ás 20,00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participarán, ademais do xornalista, Afonso Eiré, o presidente da Irmandade Cultural País do Faro, Andrés Pavón e o presidente de Hércules Ediciones, Francisco Rodríguez.

Ausentes é o libro global da emigración en Galicia. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, que nos fala tamén daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións.

Na presentación interpretaranse esceas do libro a cargo de Ramón Rodríguez Porto e Amelia Vence, integrantes do grupo teatral Faro-Miño.

ÚLTIMAS

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...