HomeCulturaNesta semana péchase, con 4 representacións, o Certame Municipal de Teatro para...

Nesta semana péchase, con 4 representacións, o Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte remata esta semana coa celebración das 4 obras que quedan por escenificarse. En todos os casos será a partir das 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, día 9 de maio, o CEIP Plurilingüe Monforte, estreará a  obra “Vida e cores”; o martes 10 será a quenda do IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”; o mércores 11, o IES A Pinguela, representará a “A rateira”; e a última peza deste ciclo, será representada por Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.

O Concello colabora cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.

Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...