HomeComarca de SarriaO PáramoO Páramo conta de novo cun caixeiro automático e servizo de asistencia...

O Páramo conta de novo cun caixeiro automático e servizo de asistencia financeira

O municipio do Páramo unicamente tivo que ceder os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e a prestación de servizos de asesoramento financeiro e formación.

Publicado o

- Advertisement -

O municipio lucense do Páramo conta desde agora cun caixeiro e servizo de asistencia financeira despois de tres anos sen servizos bancarios, o que orixinaba que os preto de 1.400 veciños tivesen que desprazarse uns “15 quilómetros para sacar diñeiro”.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, desprazouse este mércores ata este municipio, que forma parte dos 36 que se adheriron ao convenio para servizos bancarios que financia a Xunta, tras o peche masivo de caixeiros e oficinas no rural coa reestruturación bancaria dos últimos anos.

Na súa visita, indicou que a Xunta está “comprometida” cos concellos rurais e coas “políticas de reequilibrio territorial” e destacou o “compromiso” do Goberno galego para garantir a prestación de servizos financeiros de “calidade” para a cidadanía.

Durante a súa intervención, Corgos incidiu que este novo servizo proporcionará aos veciños do Páramo un caixeiro automático e de asistencia financeira que “solucionará” calquera dúbida e permitirá contratar produtos como nunha “oficina oficial”.

Tamén remarcou a realización dun servizo de formación financeira e banca electrónica. O curso, impartido o mes de marzo, foi unha medida para “o presente e o futuro” dos veciños da localidade.

Por último, o conselleiro confirmou que o financiamiento “corre a cargo” da Xunta. O municipio do Páramo unicamente tivo que ceder os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e a prestación de servizos de asesoramento financeiro e formación.

FINANCIAMENTO TERRITORIALIZADO

Ademais, na súa visita, Corgos lembrou o investimento territorializado da Xunta na provincia de Lugo, que ascende a 1.611 millóns de euros que destinou a Lugo.

Este financiamiento supón unha media de 4.926 euros por habitante, 1.116 euros máis por cidadán que na provincia da Coruña e 1.342 euros máis que en Pontevedra.

Isto maniféstase en cada orzamento cunha “discriminación positiva” no investimento por habitante ás provincias de Ourense e Lugo respecto das provincias atlánticas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...