HomeSucesosDetidos dous veciños de Lugo por roubar xanelas nun alpendre de Sarria

Detidos dous veciños de Lugo por roubar xanelas nun alpendre de Sarria

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous veciños de Lugo como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas por subtraer dous xogos completos de xanelas de aluminio nun alpendre no municipio lucense de Sarria.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar no termo municipal de Sarria cando os presuntos autores, supostamente tras forzar o cadeado da porta de entrada a un alpendre, subtraeron dous xogos completos de xanelas de aluminio. As persoas investigadas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Palas de Rei de 54 anos de idade como presunta autora dun delito de furto. A Benemérita investigou a esta persoa polos feitos delituosos ocorridos o pasado día 12 no interior dun almacén na localidade de Palas de Rei, onde supostamente a persoa investigada subtraeu un trade e unha amoladora. A muller foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...