HomeTerra de LemosMonforteMorre un home no incendio dunha casa en Monforte

Morre un home no incendio dunha casa en Monforte

O lume, aconteceu na rúa Malvarón por causas aínda descoñecidas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un home faleceu este sábado tras declararse un incendio nunha casa na localidade lucense de Monforte de Lemos, en concreto, na rúa Malvarón. Segundo trasladou o 112 Galicia, os feitos sucederon ás 11,20 horas. Nese momento, a central de emerxencias recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba do incendio.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte, do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local e Nacional.

Xa no punto, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte de Lemos sacaron do interior da vivenda á persoa para que fose atendida polo equipo médico, que nada puido facer por salvarlle a vida. Ademais, os servizos de emerxencia comprobaron o resto da casa e descartaron que houbese algunha persoa máis no interior. Por outra banda, detallaron que ardesen varios mobles no interior da vivenda. Polo momento descoñécense as causas do incendio.

ÚLTIMAS

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas...

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...