HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

Triunfo de todas as categorías, pero os alevíns quedan sen clasificarse para as eliminatorias de Copa Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín Copa: Miraflores 16 – 45 CB Val de Lemos, Partido moi sólido tanto en defensa como en ataque dos rapaces e rapazas monfortinos, no que acadaron un triunfo que os aúpa á primeira posición do grupo e os clasifica para os cuartos de final da Copa Deputación.

Alevín Copa: CB Val de Lemos 12 – 57 Barbadás, Non foi a mellor das tardes para o alevín ante un bo equipo como Barbadás que superou ós monfortinos con claridade. Pese á derrota, que impide a clasificación para as eliminatorias da copa, bo ano en canto a crecemento dos nenos e nenas, na primeira toma de contacto co baloncesto para moitos deles.

Infantil Fase de ascenso: CB Val de Lemos 61 – 11  Apóstol Vigo, Gran partido o que xogou o equipo infantil ante o campión vigués. Moi fortes en defensa e con boas accións en ataque, o que sumado ó gran acerto de cara ó aro rival fixo que os monfortinos acadaran a segunda victoria nesta fase de ascenso.

Senior Copa: Barco 55 – 64 Abrente Val de Lemos, Cuarto triunfo consecutivo para os monfortinos que os achega á clasificación para as eliminatorias polo título de copa. Un moi bo comezo, cun parcial de 8 – 21, foi determinante para traer a victoria para a casa, xa que os rapaces dirixidos por Sanchino souberon administrar moi ben a ventaxa acadada no inicio.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...