HomesociedadeSober homenaxea un Garda Civil falecido en misión humanitaria en Kósovo en...

Sober homenaxea un Garda Civil falecido en misión humanitaria en Kósovo en 1999

O alcalde do municipio, Luís Fernández Guitirán, presidiu o acto na súa memoria que tivo lugar na praza do cuartel.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober rendeu unha homenaxe a Jaime Pérez Fortes, Garda Civil falecido nunha misión humanitaria en Kósovo en 1999, xa que nesta data cumpriría 50 anos.

Segundo trasladou o concello nun comunicado, o alcalde do municipio, Luís Fernández Guitirán, presidiu o acto na súa memoria que tivo lugar na praza do cuartel da Garda Civil da localidade no que se descubriu un monolito e no que tamén houbo música e se leu un poema.

Ademais, á homenaxe asistiron os seus pais, así como o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Miguel Ángel González, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Gerardo Criado.

ÚLTIMAS

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...