HomeEconomíaMonforte reparte 25.000€ en axudas para material escolar

Monforte reparte 25.000€ en axudas para material escolar

O BOP publicou este sábado, 28 de maio, as bases e a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2022/2023 do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 25.000 euros, “que son 5.000 euros máis que o pasado ano, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda, especialmente nun momento no que seguimos inmersos na crise da Covid-19”, destaca o Alcalde.

As solicitudes presentaranse antes do martes 28 de xuño (20 días hábiles). Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2022/2023 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  2. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2022 (318,46€/mes) en cómputo anual (3.821,52€ ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade  como a continuación se especifica:
Nº membros unidade familiarIngresos netos mensuaisIngresos anuais
2636,927.643,04
3955,3811.464,56
41.273,8415.286,08
51.592,319.107,6

A contía máxima das axudas é a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .

Na páxina web do Concello, na sección de Axudas, está toda a documentación dispoñible para formalizar a solicitude desta subvención municipal.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...