HomesociedadeMáis de 400 días esperando por un sinal turístico da Ribeira Sacra...

Máis de 400 días esperando por un sinal turístico da Ribeira Sacra na Pobra do Brollón

A asociación de veciños de Vilachá de Salvadur tiña solicitado a colocación na N-120 dun sinal turístico para as adegas de Vilachá, pero pasou máis dun ano sen que os Ministerios correspondentes fixeran nada. Agora a veciñanza solicitará unha resposta e a implicación da Administración na protección, posta en valor e mellora das adegas. "Dende que se declararon BIC, as adegas non contaron cunha soa intervención de mellora ou de conservación por parte da Administración. Todo recae no esforzo da veciñanza da parroquia", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur presentou unha solicitude, con data de xaneiro do 2021, na cal pedía a colocación dun sinal referente á Ribeira Sacra na N-120, ao seu paso pola Pobra do Brollón.

A entidade veciñal, que tramitou esta petición a través do concello, reclamaba que no desvío da N-120 a Vilachá de Salvadur, á altura da gasolineira, se instalase o correspondente sinal de turismo conforme ao manual de sinaléctica do Ministerio de Fomento e do Ministerio de Turismo.

Máis dun ano despois ambos ministerios seguen sen responder á solicitude. A asociación veciñal sostén que “é impensable que a colocación dun sinal deste tipo se demore máis de 400 días” cando se trata dunha parroquia que conta cun elemento singular, polo seu valor etnográfico, dentro da candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO: as adegas milenarias.

“Se no alto estivese un mosteiro medieval ao estilo de Ribas de Sil, tardaría tantísimo tempo?”, pregúntanse dende o colectivo veciñal. “A nivel de protección e de figura cultural vale tanto os Escolapios de Monforte como as nosas Adegas porque ambos elementos teñen a categoría de BIC. Pero parece que dentro desta hai distintas clases e niveis”, insisten.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...